Unha "programación fiel á das anteriores edicións" aínda que reducida comporá a duodécima edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Sabela Gago, directora do festival, recoñecía este 10 de outubro na presentación do evento que esta será "unha edición de resistencia" que se desenvolve "con vontade de que non se perda unha edición, xa que retomalo despois é máis difícil". A perda de apoio económico municipal e de Agadic deixan un programa no que só participarán seis compañías e que se desenvolverá entre os vindeiros 23 e 27 de outubro nos escenarios do Teatro Principal e do Campus Universitario da Cidade das Burgas
La voz dormida da compañía Madrileña Euroscena (Salvador Collado) abrirá as funcións o día 23, mentres L´explose de Colombia representará odía 24 La miel es más dulce que la sangre. Tresperté Circo Teatro achega o quiñón de espectáculos de rúa coa súa Oopart, e Chola a It girl de Artesa ocupará o Campus o día 25. Hemos venido a darlo todo de Voadora o día 26 e a Generación Why dos madrileños Teatro en Vilo o 27 completan o programa.
No texto de presentación do programa, a organización apunta "a mágoa de ter que adiar o encontro de Mulleres Creando, espazo de recoñecemento do labor da muller nas artes escénicas" e adianta a súa intención de "retomar este proxecto coa mesma enerxía do comezo". Ademais, amósanse optimistas de cara ao futuro do evento. "Aínda que caian as follas este outono, as nosas raíces son sólidas e profundas. Non haberá trebón que nos derrube. Ás veces, como sucede nos contos, cantas máis pedras aparecen no camiño, máis querenza hai por chegar ao outro lado, ao destino soñado".