Os grupos emerxentes protagonizarán o XVI FITO

Ourense celebra o seu Festival Internacional de Teatro entre o 12 e o 22 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Os grupos emerxentes protagonizarán o XVI FITO

O Teatro Principal de Ourense acollía este 26 de setembro a presentación dá décima sexta edición do FITO. O Festival Internacional de Teatro de Ourense volta á cidade entre o 12 e o 22 de outubro co foco posto na compañías emerxentes, segundo sinalou a organización. O Teatro Principal, o Liceo de Ourense, a Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, e diferentes rúas da cidade acollerán as actuacións desta xeira.

Segundo asegurou a directora do evento, Fina Calleja, a programación de compañías galegas será máis diversa ca nunca. Contra-producións con Entrega en man e Redrum Teatro co seu O pequeno poni representarán o teatro textual, mentres Quico Cadaval abordará a narración oral. Marta Alonso achegará danza ao programa con Sofá e Pajarito desenvolverá a súa proposta de clown. A compañía A Feroz, pola súa banda, estreará a montaxe de máscaras Frío.

De fóra de Galicia o programa contará co catalán Inda Pereda, que presenta a montaxe El viaje del héroe, a compañía portuguesa Escola da Noite con Un homem no caminho, e a proposta canadiana de clown Dado.

De xeito paralelo ao programa o festival convoca a terceira edición das bolsas de creación 67 Graos. Ourense Efervescénica para promover "o diálogo entre creadores e a aperta de xéneros e disciplinas artísticas". Cada unha destas bolsas conta cunha dotación de 300 euros.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel María, Casa da Cultura, Liceo de Ourense...