O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, volve encontrarse hoxe co seu público na que será a súa 14ª edición, que durará ata o 24 de outubro. A compañÃa madrileña Viejas Promesas abre hoxe o programa coa representación da obra 'Katana' no teatro principal da cidade. A oferta do FITO chega este ano tamén ao concello de Barbadás, nunha extensión motivada polo apoio dese consistorio á celebración do festival, que non ten o apoio do propio concello de Ourense. Nesta edición recupérase para o Festival a rúa como espazo de programación de dous espectáculos e as accións de divulgación do certame no centro da cidade, nos barrios e nos centros de ensino (institutos e universidade) para que o FITO volva formar parte do dÃa a dÃa de Ourense durante o seus dez dÃas.
A representación galega nesta 14ª edición corre a cargo da CÃa. Furia Sotelo, que estreará a peza 'Mortais e vulnerables'; ArtesacÃa con 'As illas desertas', Teatro do Atlántico con 'Libre coma os paxaros', Producións Teatrais Excéntricas con 'Estrela do dÃa' e Marta Alonso Tejada con 'Bailar agora'. Ademais, desde Madrid chega a citada CompañÃa Viejas Promesas con 'Katana' e desde Castela e León Imaginart Teatro con 'Senda sobre rodas'. Desde Colombia chega a compañÃa Paula MalÃk, que levará a Barbadás a súa obra 'Banda Animal' e os protuguieses Boca de Câo estarán tamén nesta edición co espectáculo 'Agostinho e Felicidade'. Como actividade paralela, o Festival Internacional de Teatro de Ourense pon en marcha este ano a iniciativa 67 Graos, Ourense Efervescénica, a través da que se outorgarán cinco bolsas de creación para outros tantos proxectos escénicos e un premio do público.