Entre o 13 e o 20 de outubro desenvolverase a que será a edición número 15 do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O número da celebración coincide co número das propostas escénicas que se repartirán entre o escenario do Teatro Principal e outros espazos da cidade nesta ocasión. Ademais esta cita coas artes teatrais servirá tamén como espazo de intercambio entre creadores de diferentes disciplinas a través da iniciativa 67 Graos Ourense-Fervescénica. Este proxecto consiste no lanzamento de catro bolsas de creación para pezas performativas e de microteatro que amosaranse no Teatro Principal o dÃa 18. Onte a directora do festival, Fina Calleja presentou o programa completo deste FITO por parte da súa organización, contando coa presenza do director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón, e o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Manuel Fernández Gil.
O 15º Festival Internacional de Teatro de Ourense inclúe tanto montaxes de sala como de rúa. A formación Arun-Run será a encargada de abrir a 15ª edición, a xeito de aperitivo na véspera da xornada inaugural, co seu percorrido polo rueiro ourensán para sorprender o público con Fitomozas. A PanadarÃa, co seu espectáculo 'As que limpan' en coprodución co Centro Dramático Nacional, será a compañÃa encargada de abrir a programación de sala no Teatro Principal o xoves 13 ás 20,00 h. Ao dÃa seguinte, á mesma hora e no mesmo recinto, a formación lusa Teatro Arte Imagen representará 'Especies Lázaro', obra que conta coa participación dos galegos Vanesa Sotelo, autora do texto, e mais de Davide González, integrante do elenco. Xa o sábado, o Principal acollerá a representación de 'Alma de tigre', peza de Elefante Elegante. O domingo, o festival achegarase ao público familiar coa peza 'Oh-Pera', de Circo Chosco, que se poderá ver ás 12,30 h. no patio dos Maristas.
Tamén forman parte do programa dúas compañÃas estreitamente relacionadas coa cidade das Burgas: Barrosanta, que representará a súa primeira obra, Ragazzo, o dÃa 19 no espazo cultural Mur Marxinal, e UxÃa Morán, que estreará a súa peza Ingobernable no Principal ao dÃa seguinte. A programación completarase durante a fin de semana con tres actuacións no escenario da rúa Paz. AsÃ, o venres 11 chegará a quenda de PirolÃticos, montaxe de Mofa&Befa co que este dúo cómico formado por VÃctor Mosqueira e Evaristo Calvo está a xirar no seu 30ª aniversario. O sábado os arxentinos Suttotos representarán Perdón, mentres que o domingo reservarase a función de clausura para ' Smoke on The Water', montaxe de Ibuprofeno Teatro escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.