O Festival internacional de Teatro de Ourense (FITO) toma a iniciativa de incentivar a acción cultural e divulgar novas linguaxes artÃsticas no ámbito das artes escénicas en Ourense coa convocatoria de 5 bolsas de creación destinadas á promoción e ao diálogo entre os artistas ourensáns. A edición dixital da Revista Galega de Teatro Erregueté, dá conta desta proposta do FITO, que baixo o nome de 67 graos Ourense Fervescénica abre a convocatoria dun concurso de ideas onde os creadores poderán presentar propostas de micro-espectáculos, performances ou pezas singulares de pequena escala que deberán ter como carta de natureza a contemporaneidade, a hibridación e o diálogo entre artistas, xéneros e disciplinas englobadas dentro das artes vivas.
Con esta iniciativa encadrada na súa vindeira 14 edición o FITO busca reforzar a influencia positiva a nivel social, cultural, artÃstico e económico que xera o festival activando o tecido cultural de base ademais do profesional, promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais. As cinco propostas que resulten seleccionadas contarán cunha achega por parte do FITO de 300 € cadansúa, para facer fronte aos gastos de produción dos microespectáculos cunha duración máxima de 20 minutos e mÃnima de dez, que con posterioridade se exhibirán no Teatro Principal nunha única xornada. Serán os espectadores a esta xornada de exhibición os que elixirán de entre as pezas seleccionadas a gañadora dun premio de 600 €. A pesares das limitacións económicas do FITO, toda vez que o Concello de Ourense lle retirou o seu apoio (sà o ten do Concello de Barbadás e outras institucións), a organización do festival fai deste xeito proactivo unha acción reivindicativa sobre a situación que está a vivir o sector cultural na cidade por parte das actuais polÃticas municipais.