A compañía Sarabela crea un festival de teatro internacional para Ourense

A programación intercalará actuacións de compañías europeas e americanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A programación cultural de Ourense está a se reactivar. Unha semana despois de que remate o Festival de Cine de Ourense (que nesta edición adianta a súa celebración) comeza FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense. Trátatase do primeiro certame que encherá de artes escénicas as rúas, o Teatro Principal, varias dependencias do Campus e o auditorio da cidade. A alma máter e promotora do acontecemento é a compañía ourensá Sarabela que pretende achegar o teatro á rúa con baixos prezos (5 euros por función) e un programa anegado de compañías europeas e americanas.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela, Artes Escénicas, Cine...