Comeza en Ourense FITO, o primeiro festival de teatro internacional da cidade

O encontro ofrecerá preto de vinte funcións a cargo de compañías de varios países

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Espectáculos de pequeno, mediano e grande formato pero todos eles seguindo os mesmos criterios “excelencia e cualidade”. Así se resumen no sitio web as claves de FITO, o primeiro Festival de Teatro Internacional de Ourense. Un encontro dirixido por Ánxeles Cuña que achega a compañías coñecidas como Els Joglars ou La Cuadra xunto con europeas, como a danesa Odín Teatret ou a portuguesa Mundo Perfeito. Dous espectáculos cómicos que abordan o mundo da morte e os funerais máis unha montaxe sobre a influencia da lúa en varias cidades europeas abren hoxe a sesión inaugural. Por diante quedan sete días de moito teatro que fan parte de Teatrauria, dun ambicioso plan do concello para achegar o teatro á cidade das Burgas.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Morte, Cidade das Burgas

Claves

Conceptos