A creación feminina protagoniza a nova edición do FITO

Ourense acolle o seu Festival Internacional de Teatro a partir do 2 de outubro

30/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
21 lecturas | Compartido 0 veces

Sete compañías galegas e once foráneas compoñen o programa da nova edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. A Cidade das Burgas acolle a partir do vindeiro 2 de outubro e ata o día 16 este encontro que organiza Sarabela Teatro e dirixe Ánxeles Cuña. Esta edición presta unha especial atención á creación escénica feminina, coas mesas de debate A dramaturxia feminina en Galicia, A creación feminista en Galicia e Ser actriz. A tiranía do perfil. Ademais, diferentes obras cunha importante presenza feminina agruparanse no epígrafe Mulleres Creando.

Entre as novidades máis destacadas desta xeira está a estrea absoluta de El cuello de la jirafa de Matarile Teatro ademais de propostas como A órbita dos lucecús de Lucecús Teatro, Matrioshka Teatro con C’est la vie, Funboa Escénica con Sushi gratis ou Elefante Elegante con Kassa. O Auditorio Municipal e o Teatro Principal acollerán o groso das actividades que inclúen tamén cursos de formación, un coloquio sobre festivais escénicos e encontros de profesionais do sector.


Do mesmo ámbito

30/09/2014

O FITO volta a ourense

Trece compañías compoñen o cartel do festival entre o 2 e o 18 de outubro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Mulleres, Sarabela...