Do 2 ao 18 de outubro a Cidade das Burgas acolle o VII Festival Internacional de Teatro de Ourense. O programa deste ano aposta por unha maior presenza galega, coa estrea de Homes bisagra de Matarile, a representación de A tempestade de Voadora ou producións de AporÃa e Chévere. Canda a elas, outras nove compañÃas de España, Francia, Chile e Portugal completan o programa. En paralelo ás funcións, o evento acolle actividades como presentacións de libros, un curso de crÃtica teatral para espectadores a cargo de Camilo Franco, un laboratorio de dramaturxia da man de Bárbara Colio ou unha mesa redonda sobre a situación do teatro entre outras iniciativas.