Dixitalizan un gran conxunto documental do concello de Sober

O promotor é o Centro de Estudos Históricos de Sober

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Dixitalizan un gran conxunto documental do concello de Sober

O escritor José María Lago Bornstein é o promotor do Centro de Estudios Históricos de Sober, unha iniciativa que acaba de dispoñibilizar na rede unha gran cantidade de documentación histórica sobre este municipio da Ribeira Sacra lucense. O proxecto, que se presentará o día 24 de outubro, permite ver máis de douscentos documentos entre os séculos XVI e o XIX, vinculados ao antigo Arciprestado de Amandi, aínda que son segundo Lago unha pequena parte de todos os que existen para ese período. Os materiais proceden de coleccións privadas, o Arquivo Histórico Nacional, a Diócese de Lugo e a Real Academia da Historia. No proxecto tivo moito que ver Lago, quen publicou diferentes estudos sobre a historia de Sober, pero os textos foron transcritos por un equipo de cinco voluntarias xubiladas que transcribiron os manuscritos máis lexibles. A asociación confía en que se poida conseguir un espazo físico para albergar os documentos históricos procedentes de coleccións privadas.

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, Documental, Ribeira Sacra, Lugo

Claves

Conceptos