O Arquivo da Fundación Penzol continúa co seu programa de dixitalización dos fondos históricos que custodia esta entidade. Segundo informa, este mesmo mes incorporou ao seu repositorio na rede novos documentos históricos de relevancia para a nosa cultura. En concreto, trátase de documentación dos irmáns Arias Teixeiro, "lulianos e alquimistas do século XVIII", ademais da colección do arquitecto e galeguista vigués Manuel Gómez Román e da correspondencia e documentos de Luís López Ballesteros na secretaría de Facenda de Fernando VII.
Así, no caso dos Arias Teixeiro, o web amosa documentos sobre alquimia, tratados sobre ética, proverbios de Séneca e Aristóteles, ou mesmo sobre a conservación do viño do Ribeiro. O fondo de Gómez Román chega documentos tan curiosos como unha colección de arquitecturas imaxinadas que dan fe do seu ideal creativo para o noso país. Entre estas atópase unha suposta sede para o Seminario de Estudos Galegos en Santiago ou visións de diferentes rúas inexistentes. Á súa vez, o material correspondente a Luís López Ballesteros combina correspondencia con documentos oficiais como estatísticas de recadación ou o expediente sobre a habilitación do porto de Carril para o comercio con Europa e América no tempo en que este persoeiro traballou no goberno de Fernando VII.
Ademais destes, a entidade lembra que está dispoñible para a súa consulta a práctica totalidade de documentos pertencentes ao fondo persoal de Xohán Vicente Viqueira, "no que predominan os manuscritos da súa autoría sobre filosofía, pedagoxía e psicoloxía, ademais de poemas e traducións. Figuran tamén testemuños do seu paso por Alemaña, da súa participación nas Irmandades da Fala e un pequeno conxunto de correspondencia persoal". Precisamente arredor deste persoeiro, a Fundación anuncia unha xornada sobre a súa obra e personalidade para o vindeiro mes de outubro.