A Xunta anuncia a posta en marcha do Arquivo Dixital Integrado este ano

O proxecto integra a custodia de documentación tanto administrativa como histórica

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Integrar a documentación dixital que xera a Administración ao tempo que custodia documentos históricos dos arquivos galegos. Estes son os dous grandes obxectivos cos que nace o Arquivo Dixital Integrado, un proxecto que será unha realidade ao longo deste mesmo ano, segundo anunciaba onte a Xunta de Galicia. Por unha banda, no marco do Arquivo Electrónico Administrativo permitirá "xestionar e conservar con todas as garantías de seguridade e dispoñibilidade a documentación dixital durante todo o ciclo de vida administrativa". Pola outra, e como Arquivo Electrónico Patrimonial "conterá máis de 275.000 documentos dixitalizados procedentes dos Arquivos do Reino de Galicia, do Histórico Provincial de Ourense e do Concello de Tui". A previsión da Xunta é que estes fondos históricos sexan accesibles desde o Portal de Difusión do Patrimonio Documental de Galicia no primeiro trimestre de 2016.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Documental, Xunta de Galicia, Ourense...