A Xunta reclamará por lei os papeis da Desamortización, a Guerra Civil e a etapa preautonómica

Contémplao o proxecto da nova Lei de Arquivos

3/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Xunta reclamará por lei a documentación relativa a Galicia que figura noutros arquivos do Estado, e cando non sexa posible obter os orixinais, solicitará copia. Son fondos dos mosteiros galegos desamortizados, entre os que se conta a documentación do Mosteiro de Oseira ou do Tribunal da Inquisición, depositados no Arquivo Histórico Nacional. O caso da Guerra Civil é moito menor, xa que ao estar Galicia no bando nacional desde o principio, non houbo traslado de documentos. Si se reclamarán tamén documentos da etapa preautonómica, depositados no Arquivo da Administración de Alcalá de Henares.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Guerra, Oseira

Claves

Conceptos
Lugares