A Xunta formaliza a creación do Arquivo de Galicia

Nun decreto define as funcións do gran arquivo de datos da autonomía

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

"Unha parte da documentación acumulada no Arquivo Xeral da Administración e noutros departamentos, ten adquirido xa, transcorridos vinte e oito anos desde a creación da Xunta de Galicia, carácter histórico", asegura o goberno. É por iso que o venres aprobou no Consello da Xunta o decreto no que se formaliza a creación do Arquivo de Galicia, que terá a súa sede na Cidade da Cultura. O Arquivo terá como funcións recibir os documentos das administracións de ámbito autonómico e facer a selección dos documentos administrativos que deberán ser preservados para o futuro.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo de Galicia, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia