A plataforma Contratos de Galicia recolle desde este 8 de marzo a convocatoria dun contrato para a "dixitalización de fondos documentais custodiados nos arquivos históricos da Xunta de Galicia para a súa posterior difusión a través de Galiciana, Arquivo Dixital de Galicia". Esta contratación, dotada con 174.965 euros, IVE incluÃdo, cobre o traballo sobre un mÃnimo de 438.264 documentos ao longo de 2021. Estes fondos, custodiados no Arquivo do Reino de Galicia e nos arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra, son materiais "relacionados cos episodios históricos do golpe de Estado, Guerra civil española e ditadura franquista" que se porán a disposición do público a través da rede.
Segundo anuncia a ConsellerÃa de Cultura "formarán parte dos traballos de dixitalización fondos como expedientes de responsabilidades polÃticas, prisións, do Goberno civil da época ou da Sección Feminina, entre outros". A intención da ConsellerÃa é continuar o proceso de dixitalización de fondos históricos en vindeiras convocatorias ata chegar á época da Transición.