O Diario Oficial de Galicia recolle esta 30 de setembro a listaxe de entidades beneficiarias das axudas para a dixitalización de bens vinculados ao patrimonio bibliográfico e documental de Galicia e a súa difusión a través do portal Galiciana. Esta convocatoria distribuÃu 1.204.706 euros entre 26 entidades que poderán dixitalizar os seus arquivos en formatos estándares para os incorporar ao portal documental da Xunta e difundilos a través da rede.
Entre as entidades beneficiarias desta convocatoria están entidades vencelladas á historia do sindicalismo, como a Fundación 10 de Marzo, que recibirá 56.279, a Federación Galega de Fútbol (88.450) ou a Asociación de Armadores de Buques de Pesca de MarÃn (49.791). Tamén entidades como a Real Academia Galega (59.628), o Museo do Pobo (57.155) ou o Arquivo Histórico Diocesano Tui-Vigo (89.842). Tamén participan destas axudas entidades públicas como a Deputación de Pontevedra (89.980), o Concello de Vigo (88.715), o Arquivo da Deputación Provincial Lugo (83.853) a Universidade de Santiago (32.911) ou concellos como o de MarÃn, que encabeza o reparto con 90.000 euros de axuda.
A convocatoria, que conta cun 80% de financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), quere contribuÃr a "proxectos de dixitalización de bens vinculados ao patrimonio bibliográfico e documental" nesta xeira. A intención é facilitar "ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles".