A Xunta inviste 225.440 euros en axudas para actuacións en arquivos

A RAG, a Fundación Bautista Álvarez ou o Bispado de Tui foron beneficiarios da última convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución das axudas para actuacións en arquivos do pasado ano e realiza a convocatoria do novo exercicio, que cubrirá os anos 2013 e 2014. A liña de subvencións está aberta tanto a asociacións como a entidades locais, que poderán compatibilizar este subsidio con outras axudas para organizar, equipar ou dixitalizar os seus arquivos. Entre os beneficiarios da última convocatoria están entidades como a Universidade de Santiago, que recibiu 20.000 euros, as fundacións Luís Tilve (19.408 euros) e Bautista Álvarez (2.250), a Real Academia Galega (1.284) ou o Bispado de Tui, que obtivo 19.960 euros.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bautista Álvarez, Tui, Asociacións, Real Academia Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares