A Xunta saca a concurso a dixitalización de máis de 300.000 páxinas sobre a memoria histórica

O concurso ascende a 100.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Son "un mínimo" de 300.524 páxinas distribuídas en 4 lotes de 75.000 páxinas cada un, correspondentes a fondos documentais dos arquivos históricos xestionados pola Xunta de Galicia, como o Arquivo do Reino de Galicia ou os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra. Estas son as bases do novo concurso que, por 100.000 euros, permitirá a posta a disposición do público, a través de Galiciana, de fondos vinculados "cos episodios históricos do golpe de Estado, Guerra civil española e ditadura franquista", para "facilitar a canalización de demandas de información da sociedade civil e incentivar tanto a participación como a reflexión cidadá en relación cos feitos históricos sinalados".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Reino de Galicia, Guerra Civil, Documentais...