A cidadanía poderá visitar o Teatro Cine Fraga antes da súa rehabilitación

A actividade desenvolverase a partir do 15 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Detalle do Teatro Cine Fraga. Fonte: Deputación de Pontevedra

Detalle do Teatro Cine Fraga. Fonte: Deputación de Pontevedra

A Consellería de Cultura e mais a Deputación de Pontevedra presentaban este 8 de outubro o novo programa de visitas que permitirá coñecer o interior do Teatro Cine Fraga de Vigo. As persoas que se inscriban percorrerán catro espazos desta emblemática instalación cultural antes de que comecen os traballos para a súa rehabilitación, previstos para o primeiro semestre de 2026.

O programa de visitas comezará o día 15 deste mes cunha serie de sesións reservadas para as persoas que fixeron parte do proceso de participación cidadá O mellor espazo busca o mellor contido para decidir os usos do conxunto. Finalizadas estas, a partir de novembro abrirá unha quenda de visitas para toda a cidadanía. O percorrido, que se desenvolverá acompañado de guías profesionais, realizarase cada mércores en quendas ás 12:30, 16:00 e 17:00 horas. As reservas poden facerse no teléfono 986 118 227.

O edificio, que ocupa máis de 7.000 metros cadrados, construíuse hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes do país naquel entón. A Xunta prevé dotar de novos usos o espazo logo de o adquirir e lle encargar un proxecto de rehabilitación ao arquitecto César Portela.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Teatro, Cine Fraga, Consellería de Cultura...