
Autoras e autores "de dilatada traxectoria, primeiras espadas da literatura galega e con experiencia na dirección para todos os chanzos de idade" encargaranse de impartir estas formacións, segundo adianta Galaxia no seu web. Para alén do obradoiro de Escrita Creativa Básica, o programa inclúe outros como "o obradoiro Literario de Perfeccionamento, o de PoesÃa de Perfeccionamento e o Literario para Maiores" en Vigo e os de "Escrita Creativa Avanzada, o obradoiro Literario de Iniciación, o Literario Avanzado e o obradoiro de PoesÃa Básico" en Pontevedra.
A iniciativa incluirá tamén encontros con profesionais do mundo do libro, recitais ou a edición dun volume colectivo con traballos desenvolvidos no seo do proxecto. A inscrición á escola abriu por correo electrónico este 21 de maio.