
O proxecto comezará con dous obradoiros literarios de Inma López Silva entre os meses de marzo e maio. En xuño Antonio GarcÃa Teijeiro desenvolverá outro de poesÃa, e entre setembro e novembro, Anna R. Figueiredo explicará como escribir unha novela. Seguiranlle, entre outubro e novembro, Diego Giráldez e Elvira Ribeiro, quen rematará o proxecto cun obradoiro dedicado á poesÃa. As entidades responsables do curso adiantan tamén que haberá mais clases maxistrais dentro do programa. Como feche da edición xa rematada, publicarase un libro que recolle achegas do alumnado deste proxecto de formación.