A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) deu a coñecer onte os cambios no seu Consello Directivo decididos na Asemblea Xeral Extraordinaria do 6 de novembro. A reestruturación deste órgano consistiu na creación de novas vogalÃas ou seccións e a incorporación de Anna R. Figueiredo, Cilha Lourenço, Montse Fajardo, AntÃa Yáñez e Beatriz Maceda. Cilha Lourenço pasa a asumir as responsabilidades da secretarÃa xeral que ocupaba a agora deputada polo BNG no Parlamento, Mercedes Queixas. Produciuse tamén a mudanza de funcións de RosalÃa Fernández Rial, que estaba na vicepresidencia, exercendo de vogal de Novos proxectos, asumindo as responsabilidades da vicepresidencia a citada Anna R. Figueiredo, ademais de coordenar a futura vogalÃa ou sección de literatura e ensino. Montse Fajardo entra na vogalÃa de Pontevedra, AntÃa Yáñez na Coruña ‒tamén na tesourarÃa‒; e Beatriz Maceda incorpórase como vogal pola Coruña e participará na organización dos paseos literarios e nos traballos relativos á literatura infantil e xuvenil.
Alén disto, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez informou de que se ten reunido en Santiago de Compostela con Mercedes Queixas nun grupo de traballo integrado por diversas asociacións e colectivos no Parlamento para tratar a problemática cultural actual, por exemplo sobre o Plan de Lectura que a Administración ten anunciado en varias ocasións, ou de que non existen axudas de apoio á creación literaria como xa se ten reivindicado desde a AELG na Mesa do Libro e da Lectura, sobre todo para as novas promociones de escritoras e escritores. FÃxose incidencia tamén na necesidade de reivindicar no posÃbel os honorarios para os traballos feitos polas/os escritoras/es, nomeadamente neste tempo de pandemia e gravacións gratuÃtas.