A obra Os bicos feridos de Anna R. Figueiredo impúxose por unanimidades aos demais orixinais presentados nesta primeira edición do Premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela. O xurado composto polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, as libreiras Mercedes Corbillón e Esther Gómez, e a editora Malores Villanueva decidiu por unanimidade proclamar gañadora a esta obra da que salientou a orixinalidade dos temas tratados na novela, a depuración do estilo "poderoso" e "por veces lÃrico", "a utilización da ironÃa e a personalidade das voces", asà como a complexidade da trama. En Os bicos feridos, a través da historia dunha moza emigrante en Londres vanse debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais nas nosas vidas, a complexidade das relacións familiares, entre as que destaca a maternidade, a soidade nas grandes cidades ou o medo á morte. O I Premio Viadutos de Novela está dotado con 3.000 euros, e a novela gañadora será publicada o vindeiro outono na colección Literaria da Editorial Galaxia. Esta é a primeira edición deste certame que nace da transformación do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, que acadaba no 2017 a súa decimosétima, e que estaba considerado un galardón de referencia para os novos narradores en Galicia.