Eva Moreda faise co Premio Terra de Melide

A novela A Veiga é como un tempo distinto será publicada por Xerais

9/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A IX Edición do Certame Literario Terras de Melide ten gañadora. O xurado seleccionou a novela A Veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda entre as 25 obras presentadas, destacando a modernidade da súa narrativa e a actualización do tema da emigración. A obra presenta a historia dunha parella galega en Londres durante os anos sesenta. O certame está dotado con 6.000 euros de premio e a novela será publicada por Xerais nos vindeiros meses.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Moreda, Eva Moreda, Melide, Narrativa...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares