A escritora ceense Rocío Leira acaba de se facer co XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole que convoca o Concello de Lugo en colaboración con Edicións Xerais. A súa novela Afogada foi seleccionada polo xurado pola súa "excelencia como novela de intriga, dende a utilización da multiperspectiva, a diversidade da tipoloxía textual e a polifonía de voces narradoras, así como a riqueza temática que expresa". A autora recibirá un premio de 4.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada por Xerais. Anxela Gracián, Manuel Bragado e Xosé Antonio Neira Cruz foron os responsables da selección da obra gañadora.
Rocío Leira gaña o XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole
A súa novela Afogada reportoulle os 4.000 euros do premio
1 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos
Lugares
