Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co Premio de Narración Curta Ánxel Fole

O seu traballo Veleno de tinta imprensa reportaralle 4.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Lugo daba a coñecer esta semana o fallo do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que foi para Xosé Antonio Neira Cruz polo seu relato Veleno de tinta imprensa. O xurado, presidido pola concelleira de Cultura Carmen Basadre, estivo composto pola artista Luz Darriba,o gañador da anterior edición Xosé Cid e mais Manuel Bragado, editor e crítico. O gañador leva un premio en metálico de 4.000 euros e verá o seu traballo publicado da man de Edicións Xerais.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Antonio Neira Cruz, Xosé Antonio Neira Cruz, Xosé Cid, Manuel Bragado...