Miguel Anxo Fernán Vello obtén o VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O galardón conta cunha dotación en metálico de 3.000 euros

  • O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollía este sábado 20 de setembro o acto de entrega do VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Miguel Anxo Fernán Vello impúxose entre os 224 poemas recibidos no certame de 138 autoras e auto...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

O legado tamén é dixital

O escritor e tradutor Henrique Harguindey cedeu o seu web Palabras Desconxeladas aos fondos de web histórica do CCG

  • Na breve autobiografía que o profesor, escritor e tradutor Henrique Harguindey (1946-2024) publicou no seu web Palabras desconxeladas , máis da metade do texto está dedicado á súa infancia. Velaí narra dúas anécdotas na que o escritor se deca...

López Campos propón declarar o 2026 'Ano Ramón Otero Pedrayo'

Celebraríase así o 50 aniversario do pasamento do escritor ourensán

Youtubeiras+ ábrese a contidos en todas as redes sociais

Mantén os 7.500 euros de premios para as sete categorías a concurso

  • A organización do certame Youtubeiras+ daba a coñecer este 17 de setembro as novidades da súa IX edición. A principal mudanza na convocatoria é que poderán participar contidos publicados en calquera rede social, cando ata o momento estaba restr...

O MARCO asesorará á Zona Franca sobre a súa colección de arte

Asinan un convenio para valorar a compra de obras por parte da entidade económica e levar a cabo proxectos conxuntos

  • ...pra ou doazón que poidan ser relevantes a nivel de calidade, oportunidade e importancia cultural. A Lei 14/2021 de medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019 fixou nun 2%...

As mámoas do campus de Vigo revelan a súa arquitectura

A Universidade confía en continuar os traballos na necrópole en vindeiras campañas

  • A Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura colaboraron para a intervención arqueolóxica na necrópole megalítica das Xunqueiras, localizado no campus da Universidade de Vigo. Trátase dun conxunto de cando menos catro mámoas construídas ...

Andrea Gatapoulos, Fon Cortizo e Alicia Moncholí fanse cos premios do FICBUEU

O certame de curtametraxes tamén recoñeceu traballos de Rúnar Rúnarsson, Delia Hess e Paula Pereira

  • O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) entregaba este 13 de setembro os galardóns da súa décimo oitava xeira. Andra Gatapoulos obtivo o primeiro premio do encontro con The Egggregores' Theory , que o xurado recoñeceu "pola s...

Unha aldea na que o mundo continuou

As escavacións na aldea mindoniense de Combarro amosan como a caída do Imperio romano non colapsou as prácticas da sociedade galaicorromana

  • A última campaña na aldea de Combarro (San Vicente de Tigrás, Mondoñedo) permitiu comprobar que neste poboado arrasado por un incendio a inicios do século VI as sociedades posteriores ao Imperio romano mantiveron as tecnoloxías do pasado e come...

A Fundación MOP monta unha retrospectiva inédita sobre Annie Leibovitz

A mostra que reunirá máis de cinco décadas de traballos variados da afamada fotógrafa abrirá o vindeiro 22 de novembro

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) traerá ao seu espazo expositivo no porto da Coruña a primeira gran retrospectiva feita en España dedicada á obra da fotógrafa de Annie Leibovitz. Con título de 'Wonderland', a partires do vindeiro 22 de no...

Cando os nenos mortos non abandonan a casa

Novos achados no castro de Viladonga avanzan que no interior das cabanas poderían gardar e sinalar con estelas os restos dos nenos falecidos

  • Cando subimos ao alto do parapeto do castro de Viladonga (Castro de Rei) observamos unha densa malla de vivendas e rúas que falan da intensa vida deste poboado. Pero o que non sabiamos é que esa croa non só é un espazo de vivos senón que tamén ...

O CDG estrea o espectáculo circense-teatral 'A serie clopen'

A produción propia da compañía pública abre este xoves a temporada no Salón Teatro

  • 'A serie clopen' é o nome do espectáculo co que este xoves o Centro Dramático Galego inaugura a súa nova temporada escénica no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esta produción propia do CDG ofrece un formato híbrido multidisciplinar que...

Paula Cheshire presenta a BD La receta de la magia

Abel Alves e Esteban Tolj continúan as aventuras de Antón dedo D'ouro en O segredo da serpe

  • A editora española Grafito Editorial lanza a última BD da autora pontevedresa Paula Cheshire. La receta de la magia é unha historia de humor e fantasía sobre unha meiga que inicia a súa carreira como creadora de pocións e que, por erro, enche a...

Un proxecto documenta o forte das Torres en Tomiño

A intervención acompáñase cun programa de conferencias e actividades

  • O proxecto 'Fortalezas da fronteira' inicia hoxe os traballos de investigación no baluarte de As Torres (Tomiño), unha fortaleza temporal construída no século XVII durante o conflito bélico que enfrontou a Portugal con España na Guerra de Resta...

Desde a raíz o 34 FIOT ofrecerá o seu programa máis extenso

O festival de teatro de Carballo dará comezo o 25 de setembro

  • Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras ...

O Arenteiro Fotográfico contará con 17 exposicións

O programa desenvólvese entre o 13 de setembro e o 26 de outubro no Carballiño

  • O Auditorio Manuel María de O Carballiño acolle desde o 13 de setembro e ata o 26 de outubro as exposición que fan parte do programa Arenteiro Fotográfico. O encontro que organiza a asociación O Potiños conta nesta xeira cun total de 17 mostras...

O Centro Dramático presenta unha programación pensada para o encontro

Esta temporada ofrécense catorce espectáculos dos que tres son producións propias

  • A presentación da nova temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego, congregou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, ata unha trintena de representantes de compañías, concellos e entidades culturais coas que a compañía pub...

As illas de San Simón e San Antón xa gozan da protección como Lugares da Memoria

O Goberno do Estado declarará tamén Ferrol como Cidade da Memoria Democrática

  • ...lamento contabilizáronse máis de 517 mortes nestes pequenos illotes. Como establece o articulado da Lei de Memoria Democrática, a declaración dun Lugar de Memoria Democrática supón a obriga de garantir a súa perdurabilidade, identificación, explicaci...

O Pazo de Meirás xa é Lugar de Memoria Democrática

Mañá publícase tamén a declaración da illa de San Simón

  • ...Emilia Pardo Bazán, e ás intrigas de Alfonso XII contra a República. Como establece o articulado da Lei de Memoria Democrática, a declaración dun Lugar de Memoria Democrática supón a obriga de garantir a súa perdurabilidade, identificación, explicaci...

Sete concertos e visitas guiadas compoñen o programa do novo Espazos Sonoros

O festival que leva concertos a contornas patrimoniais desenvólvese do 31 de agosto ao 4 de outubro

  • Co lema 'Escoitar con asombro, alento da memoria' o festival Espazos Sonoros inicia este 31 de agosto a súa nova edición. O Convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, acollerá nesa data unha actuación dos suízos Il Concerto Intempestivo, ...