Miguel Anxo Fernán Vello obtén o VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O galardón conta cunha dotación en metálico de 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Miguel Anxo Fernán Vello no acto de entrega do Premio Florencio Delgado Gurriarán

Miguel Anxo Fernán Vello no acto de entrega do Premio Florencio Delgado Gurriarán

O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollía este sábado 20 de setembro o acto de entrega do VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Miguel Anxo Fernán Vello impúxose entre os 224 poemas recibidos no certame de 138 autoras e autores diferentes coa obra A porta da casa que se abre. O autor recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.

Cristina Ferreiro, con A casa de barro e Saray Rodríguez Pérez Deixará de pasar algún día foron seleccionadas como finalistas do certame. O xurado, composto por Emma Pedreira, Inma Núñez e Aleixandre Lago, destacou da obra premiada "a súa intensidade lírica, imaxes evocadoras e a súa capacidade de emocionar ao lector".

A actriz Iria Pinheiro conduciu a cerimonia de entrega, na que tanto o gañador como as autoras finalistas recitaron as súas obras. O acto tivo un prezo de entrada de 5 euros que se destinarán a iniciativas de recuperación ecolóxica das zonas afectadas polos incendios forestais deste verán na comarca.

Que che parece esta nova?
137 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Fernán Vello, Florencio Delgado Gurriarán, Poesía, Teatro...