Eilún del Pazo Moa faise co Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

A poeta viguesa recibirá un premio en metálico de 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Eilún del Pazo Moa faise co Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O poemario Da memoria do Mencía valeulle á poeta viguesa Eilún del Pazo Moa facerse co III Premio Florencio Delgado Gurriarán de poesía. O xurado do galardón que convoca o Concello de Vilamartín de Valdeorras co patrocinio da Deputación de Ourense e en cooperación coa Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio, deu a coñecer este 29 de setembro o seu fallo. A autora recibirá un premio en metálico de 3.000 euros e conseguiu ademais un dos cinco postos de finalistas co seu poema Destecedoira

Canda ás obras da gañadora, o xurado seleccionou como finalistas os traballos Eu fun meteorito, de Maurizio Polsinelli, Papas, de María Comesaña Besteiro e Escila, de Arancha Rodríguez Fernández, que chega á final por segunda vez. En total presentáronse ao certame 136 textos, dos que o xurado descualificou 15 por se presentar fóra de prazo ou non cumprir coas bases da convocatoria.

Del Pazo recollerá o seu galardón nunha gala que se celebrará o vindeiro 16 de outubro na Aira dos Bolos de Córgomo, na que o músico valdeorrés Sr. Jingles estreará a súa versión musicada dun texto de Gurriarán.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, Poesía, Deputación de Ourense, Valdeorras

Claves

Conceptos