O BoletÃn oficial do Estado (BOE) publica hoxe a incoación do expediente de declaración como Lugar de Memoria Democrática do Pazo de Meirás. O inmoble adquire esta calificación por ter sido sede estival da Xefatura do Estado entre 1938 e 1975, durante a ditadura de Francisco Franco e na exposición de motivos da incoación recoñécese como "“sÃmbolo referencial da ditadura franquista, centro de poder e ao mesmo tempo expresión da rapina do seu novo propietario", en referencia ao método polo que pasou a ser propiedade do sátrapa e da súa familia posteriormente ata a recente reversión desa situación.
De feito, o BOE explica como entre 1975 e 2020, o pazo foi "lugar de esquecemento e de reivindicación, pero tamén sÃmbolo das lagoas do axuste de contas da democracia española co pasado recente, escenario de mobilizacións da sociedade civil pola súa recuperación, novo sÃmbolo do espertar da 'memoria histórica', e conquista do inmoble para o patrimonio xeral do Estado". O documento inclúe tamén referencias á súa propietaria orixinal, a escritora Emilia Pardo Bazán, e ás intrigas de Alfonso XII contra a República. Como establece o articulado da Lei de Memoria Democrática, a declaración dun Lugar de Memoria Democrática supón a obriga de garantir a súa perdurabilidade, identificación, explicación e sinalización adecuada dos elementos e feitos acaecidos nel relacionados cos episodios que levan á declaración. Segundo o Ministerio de PolÃtica Territorial e Memoria Democrática, mañá mércores, publicará tamén a declaración de Lugar de Memoria das illas de San Simón e San Antón, en Pontevedra, na RÃa de Vigo.