A apertura do Pazo de Meirás ao público estará condicionada polo seu estado de conservación e o seu uso incluirá a presentación de toda a historia do inmoble, tanto desde Emilia Pardo Bazán, ata o proceso polo que chegou a mans do ditador Franco e a súa familia asà como as reivindicacións que levaron á recuperación como ben público. Asà se pactou na primeira reunión da Comisión Técnica do Pazo de Meirás mantida este martes na Coruña. O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando MartÃnez, presidiu a constitución desta comisión creada a proposta da vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, e na que están tamén representadas a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e os consistorios de Sada e A Coruña. O representante do goberno do Estado sinalou que a apertura do pazo ao pobo estará condicionada pola seguridade arquitectónica, que ve arestora "preocupante" e que o uso debe servir para explicar a realidade da historia recente de España, desde un punto de vista democrático, "afastado do enaltecemento do ditador que se realizaba ata agora no inmoble". Tamén subliñou a necesidade de ter presente que o Pazo foi no seu dÃa propiedade de Emilia Pardo Bazán polo que debe ser, ademais un lugar de referencia e reivindicación da cultura galega e española.
Na reunión, MartÃnez sinalou que a intención do Goberno é que Meirás sexa un referente para a recuperación da Memoria Democrática de paÃs e propuxo un marco de colaboración das distintas institucións coa Administración Xeral do Estado que poderÃa concretarse coa sinatura dun convenio de colaboración. En relación cos usos que se lle van dar ao Pazo, propúxose que un grupo de expertos axude a tomar a decisión máis axeitada. O secretario de Estado coincidiu co conselleiro de Cultura e Educación, Román RodrÃguez, ao afirmar a necesidade de que a apertura ao público sexa "o antes posible". O responsable autonómico ve iso como algo "fundamental" para non xerar frustración tras o longo tempo que estivo pechado ao pobo "e pensamos que mentres non se poida acceder a o interior do pazo, deben abrirse polo menos os xardÃns e zonas exteriores", indicou RodrÃguez. O conselleiro incidu na necesidade de avanzar nunha xestión "plural e sólida" de Meirás e expresou a necesidade de sumar voces e que a Comisión de Seguimento adquira un carácter máis plural onde se poidan incorporar novos puntos de vista e sensibilidades que garantan avanzar de xeito participativo na definición do futuro de Meirás. Por iso, solicitou sumar ás áreas de Cultura e de Igualdade das diferentes administracións a este grupo de traballo. A vindeira reunión da Comisión terá lugar nun mes.
A seguir coa Casa Cornide
Mentres a recuperación do Pazo de Meirás vai percorrendo o seu camiño no eido público, na Coruña, a Casa Cornide está iniciando o seu de volta ao patromonio público de mans da familia do ditador. A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello iniciará os trámites legais para a recuperación, unha vez que os informes xurÃdicos encargados polo Concello á Universidade para estudar as posibilidades de recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público avalan as accións por parte do Concello para a recuperación do inmoble. Os informes destacan que a natureza xurÃdico-patrimonial pública da Casa Cornide é pública, e contrastan a ilegalidade dos sucesivos procedementos de permuta, poxa e venda da casa. O Concello poderá solicitar a nulidade por simulación absoluta da compravenda da Casa Cornide contra os habentes causa de Carmen Polo e MartÃnez Valdés. A alcaldesa explicou que as conclusións do informe elaborado pola UdC serán estudadas agora pola asesorÃa xurÃdica municipal co obxectivo de comezar canto antes as accións xudiciais que permitan recuperar a Casa Cornide, e lembrou que o Goberno local mantén outra vÃa para recuperar o inmoble que é a declaración do edificio como Ben de Interese Cultural BIC.