As mámoas do campus de Vigo revelan a súa arquitectura

A Universidade confía en continuar os traballos na necrópole en vindeiras campañas

A Universidade confía en continuar os traballos na necrópole en vindeiras campañas
Resultado da intervención arqueolóxica na mámoa 2. Foto: Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura colaboraron para a intervención arqueolóxica na necrópole megalítica das Xunqueiras, localizado no campus da Universidade de Vigo. Trátase dun conxunto de cando menos catro mámoas construídas hai sesi mil anos nun rechán a 489 metros de altitude. O traballo levouse a cabo na mámoa 2, xa que "amosaba en superficie restos visibles das laxes da cámara, o que a convertía na mellor candidata para iniciar a intervención". A intervención puido comprobar que só se conservaba parte da cámara do dolmen. Os arqueólogos confían en levar a cabo en vindeiras campañas intervencións nos túmulos 3 e 4. Os traballos levados a cabo con xeorradar en 2011 apuntan cara a posibilidade de que haxa unha relación de continuidade entre os túmulos 3 e 4. No túmulo 3 obsérvase unha posible estrutura circular perimetral de 40 metros que podería indicar un anel delimitador, así como unha posible corredor orientado ao sureste, "coherente co patrón coñecido noutros túmulos galegos". Os resultados foron presentados durante unha visita do Conselleiro de Cultura, José López Campos. Os traballos foron dixidos polo arqueólogo Javier Chao co asesoramento da profesora Beatriz Comendador.