Un algoritmo de intelixencia artificial detecta preto de 9000 mámoas en Galicia

Os investigadores do grupo GIAP afirman que "poderán cambiar o coñecemento actual sobre a distribución espacial dos túmulos no territorio galego"

27/7/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Distribución de mámoas no territorio.

Un equipo interdisciplinar, liderado polo equipo do grupo de investigación GIAP do Institut Català d'Arqueologia Clàssica, acaba de publicar os primeiros resultados da aplicación da intelixencia artificial e a aprendizaxe profunda (deep learning) para localizar sitios arqueolóxicos. A súa zona de estudo foi Galicia, e localizaron preto de 9.000 mámoas, nunha "escala que antes era impensable". Para iso empregaron un algoritmo que emprega o sistema de detección de obxectos YOLOv3 e un algoritmo de análise do terreo Multi-Scale Relief Model. A inxente cantidade de túmulos localizados "podería cambiar o estado actual do coñecemento sobre a distribución espacial da paisaxe de túmulos funerarios prehistóricos en Galicia". Os traballos, levados a cabo polo investigador predoutoral Iban Berganzo, dirixido por Hèctor A. Orengo e Felipe Lumbreras, están asesorados por unha ampla nómina de especialistas en computación e arqueoloxía da paiaxe, e se atopan aínda unha fase "preliminar". As seguintes fases consistirán en contrastar os resultados coas bases de datos actuais co catálogo de túmulos e con campañas de traballo de campo para probar os resultados. Estes traballos, pioneiros no mundo, "demostran a posibilidade de automatizar a detección de características, estruturas e sitios arqueolóxicos" e poderían aplicarse a outras áreas.


Como entrenar á máquina para recoñecer mámoas. Fotografía con elementos identificados (esquerda) e visibilización das mámoas (dereita)

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Intelixencia Artificial, Paisaxe, Arqueoloxía, Fotografía