Co título O Penedo Gordo. Intervención arqueolóxica nun abrigo con pintura rupestre esquemática da Galicia suroriental, a Universidade de Vigo acaba de publicar na rede un volume que recolle o conxunto de traballos realizados na primeira intervención arqueolóxica realizada neste abrigo rochoso. A profesora da Área de Prehistoria Beatriz Comendador coordinou esta obra colectiva que aborda a descuberta e análise da que é unha das únicas catro estacións con pintura rupestre esquemática localizadas no noso país.
O Penedo Gordo, tamén chamado Penedo da Moura, é un afloramento rochoso no lugar de Feilas, concello de Vilardevós (Ourense). Logo da localización de restos de pintura en 2017, no ano seguir iniciáronse actuacións destinadas a realizar un rexistro dos paneis e a realización de sondaxes valorativas.
Estes traballos permitiron documentar "un depósito estratificado correspondente ao Neolítico Final/Calcolítico, e polo menos, nos seus niveis inferiores escavados, ao Neolítico Medio", segundo explica a presentación da obra. Deste xeito, verificouse a presenza de pintura rupestre de tradición esquemática e a existencia de diversos niveis de ocupación, histórica e prehistórica, no lugar.
O volume que agora está dispoñible en aberto no web da Universidade de Vigo recolle descricións polo miúdo do xacemento e mais da contorna onde se sitúa o Penedo. Ademais de describir as actuacións que se desenvolveron na campaña de investigación achega diferentes artigos a tratar cuestións como "O Penedo Gordo no contexto do poboamento da prehistoria recente no val do Támega" ou "A acción da Trepa ou batalla do Penedo Gordo no contexto da Guerra da Independencia Española".