A Xunta recupera unha das mámoas de Maus de Salas

Realizarase unha escavación arqueolóxica e a recuperación e consolidación da tumba

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A mámoa de Maus de Salas

A mámoa de Maus de Salas

No val do Maus de Salas existe unha importante necrópole megalítica en gran medida tapada polo encoro do río Salas e que foi obxecto de diferentes intervencións e mesmo traslados de algunhas das cámaras dolménicas mellor preservadas. Nestes días estase a intervir na mámoa de A Veiga de Maus de Salas, unha estrutura funeraria na que aínda se aprecia parte da coraza e dos esteos do que no seu día foi un dolmen. A intervención, financiada pola Xunta de Galicia, pretende acondicionar a contorna do dolmen, escavar na súa superficie e reubicar as lousas desprazadas da cámara.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia

Claves

Entidades