O dolmen de Pedra Embarrada convértese en BIC

A Xunta destaca as gravuras rupestres da cámara megalítica

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Xunta de Galicia

Foto: Xunta de Galicia

O dolmen da Pedra Embarrada, localizado no concello de Coristanco, foi declarado Ben de Interese Cultural pola Consellería de Cultura. Foi o concello quen fixo a solicitude á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, quen elaborou unha "prospección e delimitación de elementos patrimoniais no Chan das Embarradas e a súa contorna", dentro dun proxecto municipal de posta en valor de todo o conxunto. De feito, o dolmen é á mámoa número 11 dunha extensa necrópole megalítica, por unha banda comparable a outros dólmenes da contorna pero despois con elementos máis singulares. "A cámara megalítica amosa nunha das súas lousas unhas decoración gravada que, pola forma do suco, é de indubidable carácter prehistórico", sinala a Xunta, "ademais, os motivos triangulares, posibles antropomorfos, non teñen paralelos, ata o momento na arte megalítica occidental, polo que a súa valoración cultural e a súa declaración individualizada como ben de interesse cultural considérase plenamente xustificada".

A Xunta de Galicia vén de inscribir o dolmen da Pedra Embarrada, en Coristanco, no rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia (BIC) como ben inmoble na categoría de xacemento arqueolóxico, o que supón recoñecer o seu réxime de protección patrimonial.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución, coa que o Goberno autonómico dá resposta a unha solicitude do Concello de Coristanco que pedía a súa declaración BIC. A partir dese momento, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou en 2021 a realización dunha prospección e delimitación de elementos patrimoniais no Chan das Embarradas e a súa contorna, para valorar a viabilidade da posta en marcha dun proxecto de revalorización deste conxunto patrimonial promovido pola administración municipal.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Ben de Interese Cultural, Consellería de Cultura, Bens de Interese Cultural...