Comeza unha intervención no maior xacemento arqueolóxico de Galicia e o norte de Portugal

A intervención busca validar a hipótese de que se trate dun campamento romano

8/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
35 lecturas | Compartido 0 veces

Os arqueólogos preparan a zona de sondaxes en Lomba do Mouro.

O colectivo romanarmy comezou onte unha intervención arqueolóxica no recinto fortificado de Lomba do Mouro, ubicado entre o concello ourensán de Verea e o municipio de Melgaço (Portugal). Tras unha intervención anterior, a finais de xullo, no campamento romano de Alto da Pedrada, en Arcos de Valdevez, o equipo continúa a intervención arqueolóxica na gran área do parque do Gerês/Xurés neste novo xacemento, localizado en 2017 tras unha revisión dos materiais cartográficos. A intervención arqueolóxica busca validar a hipótese de que se trate dun campamento militar romano de carácter temporal. Ao ter unha superficie de 20 hectáreas, o campamento puido acoller ao equivalente a dúas lexións: un continxente de máis de 10.000 soldados. O recinto conta cun doble perímetro defensivo e está delimitado en dous dos seus recantos por túmulos megalíticos anteriores. Un deles, a Mota Grande, é considerado o túmulo megalítico máis grande de Galicia. A oito quilómetros ao sur de Lomba de Mouro romanarmy localizou tamén outro campamento, Chaira da Maza, que podería estar conectado con este recinto. A intervención está liderada polo arqueólogo da Universidade de Exeter João Fonte, dentro do proxecto europeo Finisterrae, financiado pola Comisión Europea a través das bolsas Marie Curie, polo concello de Melgaço e o Ministerio de Medio Ambiente portugués. Deste xeito, a intervención arqueolóxica limitarase unicamente á parte portuguesa.

Imaxe aérea do parapeto oriental de Lomba do Mouro. Foto: Manuel Gago

Universo culturagalega.gal

02/06/2021

Unha testemuña da primeira guerra

Datan o campamento de Lomba do Mouro, entre Galicia e Portugal, no tempo das primeiras expedicións militares romanas a Gallaecia

28/05/2021

Sorpresas baixo o noiro

Os arqueólogos documentan o carácter defensivo de Alto da Raia e a existencia dunha inagardada fase anterior

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades