Quiosco: Comunica nº 10

A nova entrega da revista anual da Asociación de Periodistas de Galicia inclúe o informe 'O estado da innovación na comunicación en Galicia'

  • A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) ven de presentar e difundir o número 10 da revista anual Comunica, dedicado neste ao estado da innovación na comunicación en Galicia. A nova edición de Comunica inclúe o informe 'O estado da innovaci...

Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia

O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra

  • A Fundación Xosé Neira Vilas daba a coñecer este 10 de novembro o fallo do Premio Arume de poesía para a infancia. Paulino Peña Álvarez fíxose con este galardón pola súa obra Poemas con alas e recibirá un galardón de 1.000 euros en metáli...

Bea Lema gaña coa curtametraxe 'El cuerpo de Cristo' o festival de Aguilar

O xurado premia á obra audiovisual baseada no traballo que xa a fixo gañar os premios Nacional de Cómic e Castelao de Banda Deseñada

  • A autora Bea Lema (A Coruña, 1985) gañou o premio a Mellor Curtametraxe do 37 Aguilar Film Festival grazas á adaptación audiovisual do seu premiado traballo de banda deseñada 'El cuerpo de Cristo'. Coa versión en papel, a artista gañou o Premi...

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

  • A Sociedade Antropolóxica Galega ten xa nas librarías a entrega número 12 de Fol de Veleno . O Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza conta nesta ocasión con artigos que atenden desde á cultura do viño no Morrazo, da man de Rafael Quint...

Un xogo de té en coiro e cerámica gaña o Premio de Artesanía

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés

  • Unha peza elaborada de xeito colaborativo entre un obradoiro de cerámica e outro de coiro ven de facerse co Premio de Artesanía de Galicia 2025. O xogo de té en funda de coiro Nemein, creado entre o obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Mal...

O gasto das familias en cultura continúa en máximos en Galicia

O Consello da Cultura publica a IX Conxuntura estatística do ámbito cultural

  • A IX Conxuntura estatística do ámbito cultural, coa que o Observatorio da Cultura Galega analiza de xeito anual os principais indicadores estatísticos sobre esta cuestión no noso país, está xa dispoñible na rede. O Consello da Cultura Galega d...

patrimoniogalego.net presenta una app para explorar "as paisaxes culturais de Galicia"

Integra 620.000 bens materiais e inmateriais de diferentes fontes

  • A plataforma social patrimoniogalego.net, unha ferramenta colaborativa de catalogación do patrimonio cultural, publicou hoxe una aplicación web destinada á "exploración das paisaxes culturais de Galicia". Trátase dunha web optimizada para teléf...

A industria musical entregou os seus primeiros galardóns

A Sala Capitol de Santiago acolleu o evento que reuniu ao sector

  • Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) reuniron onte na Sala Capitol de Santiago de Compostela a unha importante representación do sector musical a nivel artístico, técnico e e...

Cris Balboa representa a Galicia en Bruxelas con 'Roland, mon amour'

A artista foi seleccionada por Europalia dentro dunha mostra das culturas emerxentes periféricas do Estado

  • O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes...

Xose Luís Foxo compila o cancioneiro tradicional das Terras do Bolo

Contén medio milleiro de cantares tradicionais

  • O musicólogo Xosé Luís Foxo presentou onte no Consello da Cultura Galega o Cancioneiro Sociolingüístico das Terras do Bolo "Atención pido señores" , un vasto volume que recompila medio milleiro de cantares tradicionais, con partituras, letras,...

Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival

O actor recollerá a Águila de Oro do festival o vindeiro día 28 de novembro

  • O actor santiagués Luis Zahera, que ven de estrearse como protagonista coa serie 'Animal' en Netflix recibirá un recoñecemento á súa traxectoria profesional en Aguilar de Campoo (Castela e León). Será durante a celebración do 37º Aguilar Fil...

O Foro internacional de arte e cultura dixital SINTE reúne a expertos e creadores no Gaiás

O programa abre cunha conferencia do autor de creacións dixitais para o Gran Museo Exipcio, a NASA, Google ou Nike

  • O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, que celebra a súa primeira edición este 20 e 21 de novembro na Cidade da Cultura arrincará o xoves coa conferencia plenaria do cofundador e director do estudio Ouchhh, Ferdi Alici ...

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra é galardoada co Premio Otero Pedrayo

A entidade, que cumpre cen anos neste 2025, recibirá 16.000 euros en metálico

  • O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciaba na mañá deste 14 de novembro o fallo do Premio Otero Pedrayo, que convocan as catro entidades provinciais canda a Xunta de Galicia. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra foi se...

"O poder do símbolo" protagoniza as VIII Xornadas sobre Antropoloxía

O encontro anual da Sociedade Antropolóxica Galega celébrase en Pontevedra entre os días 13 e 15 de novembro

  • O Teatro Principal de Pontevedra acolle entre os vindeiros 13 e 15 de novembro as VIII Xornadas sobre Antropoloxía. A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza o encontro anual que se centra nesta ocasión no tema "O poder do símbolo". Ana Du...

O foro de deseño achégase aos debates de actualidade e a aplicación empresariais e sociais

A Cidade da Cultura acolle este encontro bienal no que participan destacados deseñadores

  • O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe o foro bienal de deseño FEED, organizado pola Asociación Galega de Deseño co obxectivo de achegarse á actualidade das disciplinas do deseño e das persoas que tra...

Danse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2025

Recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico 'Sempre en Galicia'

  • O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os oito recoñecementos desta edición. Editorial Galaxia, no eido de Letras; a recuperada Bienal de Pontevedra, na categoría de Artes Visuais; a mostr...

Tres proxectos galegos entran no circuíto estatal Girando Por Salas

Grande Amore, Antía Muíño e Javi Chapela seleccionados entre 655 proxectos de todo o Estado

  • Trinta e cinco foron finalmente os elixidos de entre os 655 proxectos musicais (bandas ou solistas) de toda España que entraron na selección previa para poder participar no circuíto Girando Por Salas, patrocinado polo Instituto das Artes Escénica...

O TSXG exime a o Concello de Vigo de pagar polo concerto de Guns 'N Roses

A Sala destaca que "os tratos previos á contratación non vinculan á Administración en materia de contratación pública"

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de revogar a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de...

Belém Tajes gaña o XVIII Concurso Fran Pérez "Narf"

O xurado seleccionou a súa proposta sobre as dos finalistas Marián e o grupo Vimbio

  • Belém Tajes é a gañadora do XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. O ditame do xurado, que valorou o risco á hora de facer ponte entre a música galega e latinoamericana, ademais dos...

O público xa pode votar nos Premios da Industria Musical de Galicia

Ábrese o prazo para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia nestes novos galardóns

  • Os novos Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais veñen de abrir a fase de votación popular para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia do Público nesta primeira edición dos galar´don...