Un xogo de té en coiro e cerámica gaña o Premio de Artesanía

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés
NEMEIN, peza gañadora do Premio Artesanía de Galicia
Unha peza elaborada de xeito colaborativo entre un obradoiro de cerámica e outro de coiro ven de facerse co Premio de Artesanía de Galicia 2025. O xogo de té en funda de coiro Nemein, creado entre o obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) e o taller de marroquinería Coiro Tres Pés (Campañó, Pontevedra) foi a elixida polo xurado este ano. A Cidade da Cultura acolleu onte o acto de entrega deste premio ademais do Premio Traxectoria, que foi para o músico, gaiteiro e artesán luthier Antón Corral Martínez (A Coruña, 1936). No mesmo acto entregáronse as tres Bolsas Eloy Gesto que foron para Ana Belén Martínez Avelleira, do obradoiro de cestería Casa Atlántica (Redondela), Cristina Morales, de Vidrieras Artística Cosmo (Vigo) e Pablo Sánchez Otero, del obradoiro Pablo Sánchez Guitarrero (A Coruña). Estas bolsas están dotadas con 4.000 euros cada unha, que deben ser para investir en formación especializada en centros de referencia.