O obradoiro Santiago Besteiro Design gaña o Premio Nacional de Artesanía ao Emprendemento

O artesán dedícase a traballar o coiro no seu estudo-taller en Monterroso

| Santiago. Redacción | Seccións: Artesanía
Compartir:
Santiago Besteiro                 Foto: Fundesarte

Santiago Besteiro Foto: Fundesarte

O obradoiro do coiro do artesán Santiago Besteiro, na localidade lucense de Monterroso fíxose co Premio Nacional de Artesanía na categoría de Emprendemento. O galardón está outorgado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa área de promoción de artesanía, Fundesarte. No seu obradoiro Besteiro deseña e elabora pezas artesanais de alta calidade, realizadas con materiais naturais e biodegradables. Un proxecto no que prima a investigación con novas formas e materiais, un deseño simple e funcional, e busca os máis altos estándares de calidade. O artesán realizou estudos de deseño na EASD Ramón Falcón de Lugo, onde se especializou en artes aplicadas á escultura en madeira. Logo graduouse en Belas Artes pola Universidad de Vigo. O premio, que está dirixido a empresas con menos de cinco anos, inclúe unha contía económica de 3.000 euros.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Monterroso, Ramón Falcón, Turismo...

Claves

Protagonistas
Conceptos