A cesteira Julia de la Cal gaña o Premio de Artesanía de Galicia

O artesán do téxtil Albino Quinteiro Mora recibiu o Premio Traxectoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Julia de la Cal   Foto: Fundación Artesanía de Galicia

Julia de la Cal Foto: Fundación Artesanía de Galicia

O deseño aplicado á cestería volveu destacar un ano máis nos Premios Artesanía de Galicia. A entrega de premios deste 2024 deixou un palmarés do que a máxima premiada é Julia de la Cal, artesá e deseñadora do obradoiro La Parabólica (O Porriño, Pontevedra), que coa súa peza #PERIFERIA01 foi quen de convencer ao xurado desta edición. O xurado sinala que esta peza mestura tradición, contemporaneidade e innovación tanto nos materiais coma no deseño e elaboración; unha peza de grande orixinalidade na que se intúe unha grande proxección e futuro. Julia de Cal, que tamén foi finalista dos Premios Nacionais de Artesanía, está interesada en explorar o papel das artes aplicadas nos modos de vida contemporáneos, cun enfoque transdisciplinario e dende o territorio común das artes e do deseño.

Na gala de entrega, á que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tamén se rcoñeceou aos finalistas da categoría, as pezas JU, do autor Aitor Martínez López de Arbina, do obradoiro artesanal Aitor (Tomiño, Pontevedra) e Culeiros, de Santiago Besteiro García, do obradoiro artesanal Santiago Besteiro Design (Monterroso, Lugo). O Premio Traxectoria, que recoñece unha vida dedicada ao oficio artesán, foi para o vigués Albino Quinteiro Mora, artesán especializado no téxtil e cunha longa traxectoria como investigador, docente e divulgador dos oficios tradicionais. As tres bolsas Eloy Gesto 2024 foron para Carla Souto (A Coruña), Mónica Bastón, do obradoiro Leónlagata (Sanxenxo, Pontevedra) e Santiago Besteiro (Monterroso, Lugo).

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Pontevedra, Porriño, Facebook...