Noroeste Obradoiro acada o Premio Nacional Producto de Artesanía

O Ministerio galardoa a Colección Línea do obradoiro compostelán de ourivaría

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedade
Compartir:
Aneis da Colección Línea de Noroeste. Foto: Web Noroeste Obradoiro

Aneis da Colección Línea de Noroeste. Foto: Web Noroeste Obradoiro

"Por aplicar a filosofía de que as pezas sexan belas, sensibles e conteñan o imprescindible e só o necesario" o xurado designado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo decidiu dar o Premio Producto de Artesanía ao obradoiro de ourivaría Noroeste, de Santiago de Compostela. Este galardón é unha das cinco modalidades dos XIV Premios Nacionais de Artesanía 2021.

O xurado destacou da colección de xoias Línea do obradoiro que "nace en torno ao concepto da liña, que pode ser simple ou composta, recta ou curva, pero sempre despoxada. Apenas cunha pegada para facela orgánica, pero deixando sempre presente o valor da simplicidade xeométrica e unha textura delicada sobre o metal, oro ou prata, que o converte en pel". O obradoiro Noroeste está situado na Rúa Travesa da cidade vella de Santiago e formado por dous artesáns, o vitoriano Antonio Ibáñez e santiaguesa Jose Castro.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Filosofía, Turismo, Santiago de Compostela