Elena Ferro é recoñecida co Premio Nacional de Artesanía

A ceramista Paula Ojea obtivo tamén un dos galardóns que outorga o Ministerio de Industria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Elena Ferro é recoñecida co Premio Nacional de Artesanía

A zoqueira Elena Ferro, co obradoiro en Vila de Cruces, foi galardoada este 4 de decembro co Premio Nacional de Artesanía ao conxunto dunha obra consolidada que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O xurado do galardón sinala que o traballo da artesá galega "destaca polo produto, un elemento característico da tradición rural como son os zocos de madeira". O xurado valorou que Ferro "conseguiu resignificar un produto tan tradicional a reinventar o seu uso como complemento de moda con novas innovacións nos deseños, materiais e cores".

Canda a ela, o Ministerio outorgoulle o recoñecemento na categoría de produto a outra profesional galega. A ceramista Paula Ojea recibiu este galardón pola súa colección Cut&Fold, pezas de gres, arxila refractaria e esmaltes sen elementos tóxicos que inclúe xerras, cuncas ou pratos con formas que evocan o papel cortado e dobrado e que son empregadas por chefs de alta cociña.

As gañadoras recolleron onte os seus galardóns nunha cerimonia que se celebrou en Madrid. En total presentáronse a esta décima segunda xeira dos premios un total de noventa propostas divididas en cinco categorías.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Moda, Vila de Cruces, Obradoiro...

Claves

Entidades
Conceptos