Elena Ferro ensina o oficio de zoqueira nunha unidade didáctica

A publicación fai parte da campaña Artesanía na Escola da Fundación Artesanía de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Elena Ferro ensina o oficio de zoqueira nunha unidade didáctica

A Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, presentaba no final deste mes de xaneiro o proxecto Artesanía na Escola, co que quere achegar os oficios artesanais ás aulas. Esta iniciativa contempla a edición dunha serie de unidades didácticas sobre estes labores que estarán acompañadas de fichas para traballar nas aulas. Co comezo de febreiro chega ás redes a primeira destas publicación, Eu son zoqueira, que ten como protagonista a Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019.

A publicación de 19 páxinas presenta a Ferro e explica tanto os zocos como as ferramentas e materiais necesarios para os elaborar. A seguir, percorre todo o proceso de fabricación deste calzado e peculiaridades como a prohibición de os ferrar con tachas nos anos 60 "porque as que se ían desprendendo e quedando polo camiño pinchaban as rodas dos coches".

O material, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, está acompañado dunha serie de fichas sobre o exposto na guía e que tamén están dispoñibles en liña. Eduardo Manuel Outeiro Ferreño correu co texto e as ilustracións desta iniciativa.

O proxecto prevé continuar con novas unidades dedicadas aos instrumentos musicais tradicionais, á ourivería compostelá ou á cerámica, todas elas presentadas por profesionais de cada un destes oficios.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Guía

Claves

Conceptos