Idoia Cuesta gaña o Premio Nacional de Artesanía ao mellor produto

A Asociación Galega de Artesáns levou o galardón á promoción

18/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces

O Ministerio de Cultura recoñeceu onte o traballo manual galego na entrega dos Premios Nacionais de Artesanía, que se concederon en Madrid. A artesá establecida en Outeiro de Rei Idoia Cuesta foi galardoada co premio ao produto polo seu labor no campo da cestería e o téxtil. En paralelo, a Asociación Galega de Artesáns recibiu o Premio Nacional de Artesanía ao mellor labor de promoción de entidades privadas. A aplicación Obradoiros Abertos, que achega información sobre cada obradoiro visitable e proporciona a ruta para chegar ata el foi o proxecto recoñecido.

Universo culturagalega.gal