O cesto de nome Abisal, elaborado pola artesá Idoia Cuesta no seu obradoiro Cestería Contemporánea (Outeiro de Rei) ven de ser a peza gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2021, outorgado pola fundación pública da Xunta de Galicia. Cuesta presentou ao concurso esta obra que consiste nun cesto elaborado con tanza de pesca, un material plástico e translúcido empregado habitualmente para a pesca artesanal, que conforma a peza central dunha colección de cestos máis ampla e baseada na zooloxía mariña. O xurado destacou que Abisal é unha "peza contemporánea cunha manufactura tradicional e unha manifestación contundente do oficio". O galardón comporta unha dotación de 9.000 euros. Os obradoiros Santiago Besteiro Design (Monterroso) e Jatafarta (Santiago de Compostela) resultaron finalistas neste apartado dos premios.
O Premio Traxectoria, de carácter honorífico, foi para o luthier Álvaro Seivane Magide, titular do Obradoiro de Gaitas Seivane, pola súa destacada traxectoria profesional e investigadora na gaita galega, a proposta da Asociación Galega de Artesáns. Álvaro Seivane é o continuador dunha herdanza familiar que ten as súas orixes no século pasado, desde que en 1939 co patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas. Por outra banda, a Julia de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica (O Porriño), correspondeulle a Bolsa Eloy Gesto, dotada con 4.000 euros que investirá na continuación da súa formación en Francia, coa asociación L'Oserai du Possible, un referente no oficio do traballo con vimbio e coas plantas de tecedura. Na actualidade o sector da artesanía está formado por case 3.300 profesionais que traballan en 749 obradoiros e cuxas actividades dan emprego a máis de 7.800 persoas.