Cantareiras nas cidades do silencio (I)

A ruptura na transmisión da música tradicional fosilizou os contidos das cantigas a mediados do século XX

  • O desprazamento masivo de poboación cara ás cidades ao longo do século XX repercutiu na creba da transmisión da música e do baile tradicionais. Mulleres como as homenaxeadas no Día das Letras deixaron, nese novo contexto, de cantar e de innovar...

Antía Yañez gaña o XIX premio Raíña Lupa de literatura infantil

O xurado deixou deserto o galardón na categoría xuvenil

  • A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con "Bragakadabra", a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o ga...

'US-HER' gaña o premio a mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Festival

O festival vigués despide a súa novena edición cun palmarés internacional

  • A película 'US-HER' de David Salgado Marcote (A Coruña, 1979) ven de gañar o Premio do público á mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Film Festival de Vigo. Esta adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, 'A caída da Casa Usher' é...

Cinco idiomas poéticos convivirán co galego en San Simón

O luns comeza unha nova edición do obradoiro de tradución 'Con barqueira e remador'

  • Desde o vindeiro luns, 29 de setembro e ata o 4 de outubro, o arquipélago de San Simón acollerá a XIV edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'. Este encontro coordinado por Yolanda Castaño está organiz...

O Ciclo Tándem pon en diálogo propostas musicais no Teatro Colón

A Deputación da Coruña organiza a iniciativa ao longo do mes de outubro

  • Grande Amore xunto a Verde Pato; Caamaño&Ameixeiras e Sús; Nacho-Faia-Lar e Rita Payés, e Emilio José xunto a Suelen Estar Quartet compoñen o programa da primeira edición do Ciclo Tándem. O Teatro Colón da Coruña acolle ao longo das fins de ...

A Pobra do Caramiñal celebra as VIII xornadas de divulgación sobre a súa historia

O encontro A Pobra do Caramiñal no tempo celébrase os días 27 e 28 de setembro

  • Catro conferencias e unha ruta guiada compoñen o programa da VIII xeira de A Pobra do Caramiñal no tempo . As Xornadas de Divulgación sobre a Historia e a Cultura Pobrense que organiza o Concello desenvolveranse os vindeiros 27 e 28 de setembro no...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

O Museo de Lugo expón o importante legado de Xoán Anllo

A institución provincial amosa unha escolma da colección artística e decorativa legada polo coleccionista

  • ...de Belas Artes, Artes Decorativas e Etnografía procedentes de diversas zonas xeográficas de Europa, Asia e América. Con motivo da incorporación destes bens, e no marco do programa 'Coleccionismo e museos' que o MPL está a desenvolver en 2025, organíz...

O Galician Freaky Film inaugura mañá a súa novena edición

O festival internacional ofrecerá en Vigo proxeccións e actividades arredor do xénero da fantasía, ciencia ficción e horror

  • O certame internacional de cine freak e fantástico de Vigo celebra a súa novena edición do 19 ao 27 de setembro nos Cines Tamberlick da Praza Elíptica, cunha programación que vai máis alá das proxeccións habituais. A proposta da sección ofic...

Paula Cheshire presenta a BD La receta de la magia

Abel Alves e Esteban Tolj continúan as aventuras de Antón dedo D'ouro en O segredo da serpe

  • A editora española Grafito Editorial lanza a última BD da autora pontevedresa Paula Cheshire. La receta de la magia é unha historia de humor e fantasía sobre unha meiga que inicia a súa carreira como creadora de pocións e que, por erro, enche a...

Tirso Cons presenta a súa BD Invierno eterno

O proxecto, publicado en España por Panini Cómics, sitúa os superheroes de DC nun mundo de fantasía medieval

  • A libraría Paz de Pontevedra acolle este 29 de agosto a primeira presentación a nivel estatal de Los caballeros oscuros de acero. Invierno eterno . O debuxante Tirso Cons dá a coñecer na súa cidade natal este proxecto, que publicou en España Pa...

O festival de cine de Ourense acada a súa marca histórica de participación

Case mil cincocentas obras de 89 países preinscribíronse para a 30ª edición

  • O Ourense Film Festival (OUFF) pechou o prazo de preinscrición na súa vindeira 30ª edición o pasado 30 de xullo, e saca peito ao conseguir cifras de participación nunca acadadas. O festival recibiu un total de 1.432 obras, entre longametraxes e ...

O Festival de Cans puntuará para os premios Goya

A Academia volve incluír ao certame porriñés como selección cualificadora tras dez anos de exclusión

  • O Festival de Cans volve formar parte do listado de certames audiovisuais do Estado que puntuarán para a selección de finalistas dos Premios Goya, na vindeira edición de 2026, neste caso na categoría de curtametraxes. A Academia de Cine Español ...

Noemí Núñez expón pintura e cerámica na Galería Solaina

Con 'Perdendo a forma humana' a artista explora o íntimo, onírico e fantástico

  • A artista lucense Noemí Núñez (1987) propón a través da pintura e a cerámica na mostra 'Perdendo a forma humana', un percorrido por un universo habitado por criaturas reais ou imaxinarias, personaxes enmascaradas e seres ficticios sorprendidos ...

A coprodución luso-galega 'O grande incendio' estréase en Ourense

Ánxeles Cuña dirixe esta montaxe das compañías Sarabela e Escola da Noite

  • Sarabela Teatro estrea en Ourense a montaxe 'O Grande Incêndio', creada en coprodución coa compañía lusa Escola da Noite, que ven de estar tres semanas en cartel no Teatro da Cerca de São Bernardo, em Coimbra. O espectáculo sobre texto de Rolan...

O VIII Clasclás incorpora un programa sinfónico

O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía celébrase entre o 21 e o 28 de xuño

  • Cunha xeira centrada en reivindicar composicións españolas, Vilagarcía acolle entre os vindeiros 21 e 28 de xuño a oitava edición do Clasclás. O Festival Internacional de Música Clásica celébrase baixo o lema Allegro Giocoso en homenaxe á S...

Abre en Lugo a mostra do XII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O proxecto Alén do Lago, de Carlos Folgoso pode verse no CENTRAD ata o 30 de xuño

  • O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) de Lugo acolle ás 20 horas deste 30 de maio a inauguración da mostra gañadora do XII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Alén do Lago , proxecto de Carlos Folgoso, que se alzou co galardón, pr...

O CDG coproduce con Monicreques de Kukas O carteiro de Ximaraos

O Salón Teatro, en Santiago, acolle este 28 de maio a estrea da montaxe

  • O texto co que Carlos Labraña obtivo o último Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil chega ás táboas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con Monicreques de Kukas, estrea este 28 de maio O carteiro de Ximaraos . O composte...

Abril Camino gaña o Premio Xerais de novela con Mulleres que viven xuntas

Érica Esmorís fíxose co Premio Merlín e Andrea Maceiras co Jules Verne

  • A editorial Xerais daba a coñecer este sábado 24 de maio o fallo dos seus premios de narrativa, dotados con cadanseus 10.000 euros. Abril Camino foi a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela coa obra Mulleres que viven xuntas , que se impuxo entr...

Caaveiro e o desastre do Annual protagonizan novas propostas da BD galega

As novelas gráficas Seica son unha pendanga? e A miña outra vida súmanse aos lanzamentos recentes

  • Dúas obras de carácter histórico destacan entres os lanzamentos recentes da banda deseñada galega. Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume é o título do volume que asinan o ilustrador Delio Rodríguez...