A editorial Xerais daba a coñecer este sábado 24 de maio o fallo dos seus premios de narrativa, dotados con cadanseus 10.000 euros. Abril Camino foi a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela coa obra Mulleres que viven xuntas, que se impuxo entre as 58 candidatas ao galardón.
O xurado valorou desta obra, unha historia de amor entre mulleres nos anos finais do franquismo, que conta "cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas". O fallo apunta que esta é "unha novela que interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as repercusións da orientación sexual e sobre as enormes dificultades a que algunhas persoas se tiveron que enfrontar durante a represión franquista e incluso na democracia, co que iso supuxo para o desenvolvemento da súa personalidade e das súas emocións. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración pola falta de liberdade e pola dor que provoca a perda das persoas queridas".
Mar Mato, Bárbara Fernández López, Aurora Prieto Tarrío, Ana Viqueira, Xosé Antón Pedreira Mirás e Xosé Manuel Moo como secretario do xurado con voz e sen voto conformaron o comité de selección.
Erin e o lobo, valeulle a Érica Esmorís facerse co XL Premio Merlín de Literatura Infantil. O fallo do xurado salienta da obra o ser "unha intensa e emotiva novela escrita desde o corazón sobre a comuñón coa natureza, a crianza, a autoestima, as segundas oportunidades e o poder absoluto do amor". Segundo apunta a resolución, a obra "narra unha temeraria aventura protagonizada por unha nena valente e un lobo solitario, na cal a eficaz combinación entre unha evocadora descrición de lugares e personaxes de gran carga simbólica e o ritmo áxil dunha acción ben tramada contribúe a construír un relato épico, onde as imaxes xogan un papel fundamental sen renunciar á acción e á aventura".
O xurado, que escolleu o traballo gañador entre 47 propostas, estivo formado por Ánxeles Barja Sierra, Blanca Millán, Rosa Ana Porto Martínez, Reme Vázquez, Guillerme Rodríguez Osorio e Anaír Rodríguez, como secretaria con voz e sen voto.
O XVII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil foi para O corvo sobre a neve, de Andrea Maceiras. Para o xurado "a calidade da obra presentada, así como o bo emprego da lingua nunha narración limpa con trazos líricos cuxo final, predicible e ao mesmo tempo inesperado, contrasta coas duras vivencias dos personaxes ao longo da trama". Segundo apunta a editorial, "a medio camiño entre a fantasía, a ficción científica, a novela distópica e mesmo a aventura, O corvo sobre a neve é unha viaxe pola supervivencia nun mundo hostil onde os lobos parecen os únicos aliados. Unha historia que converte a IA en coprotagonista para abordar temas como as consecuencias do cambio climático, a inxustiza social ou a emigración".
Jorge Rodríguez Durán, Mencía Jorge Cabaleiro, Iria Gondar Iglesias, Salomé Díaz Muñiz, María Bueno Seguín e Ramón Domínguez como secretario realizaron a selección entre as 26 obras a concurso.