A editorial Edicións Xerais de Galicia ven de facer público o ditame da XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio MerlÃn de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un. A novela Coidadora de MarÃa Marco Covelo(Vigo, 1979) acadou por unanimidade do xurado o Premio Xerais ao que se presentaban 54 orixinais este ano. Coidadora, presentada baixo o lema «Por min e por tódalas compañeiras», aborda un tema de actualidade como é o das coidadoras e "faino desde a perspectiva de alguén que coñece ben esa profesión de maneira que é quen de meternos na pel das persoas que o desempeñan, facéndonos partÃcipe da angustia que, en ocasións, provoca este traballo", asegura o xurado.
O xurado salienta a inclusión na novela de focos temáticos vinculados coa ciencia, sinala tamén "o lirismo que agroma que en moitas das súas páxinas e a existencia de distintos niveis de lectura da mesma, sen esquecer o feito de que a proposta configura unha lectora, un lector, activo e interveniente e, en xeral, ofrece un traballo literario pouco convencional e arriscado". Por último, o xurado quere destacar "o desenvolvemento dun rico tecido simbólico e o excelente pulso narrativo que exhibe no que entende como unha novela orixinal e suxestiva". MarÃa Marco Covelo (Vigo, 1979) é licenciada en Humanidades e doutora sobresaÃnte cum laude en Belas Artes cunha tese sobre o retorno da textualidade na práctica artÃstica contemporánea e esta é a súa primeira novela. Actualmente compaxina a crÃtica de arte co comisariado de exposicións colaborando habitualmente no suplemento El Cultural do xornal El Mundo e na revista Tempos Novos, entre outros. Marco expresou en declaración á editorial o seu agradecemento ao xurado e a satisfacción de ter ganado o XXXVII Premio Xerais de Novela coa súa primeira incursión no xénero, o que para ela "convértese no inicio dun camiño novo e excitante por explorar".
Andrea Maceiras gaña O Premio MerlÃn
Tamén por unanimidade o xurado da XXXV edición do Premio MerlÃn de Literatura Infantil, escolleu de entre as tres finalistas das 43 obras presentadas á obra presentada baixo o lema «Husu», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Andrea Maceiras e corresponde ao tÃtulo A folla azul. O texto narra en primeira persoa a historia de Husu Aké, unha nena pertencente ao pobo amazónico dos Tacaré, segundo o comunicado da editorial sobre o libro. Para o xurado esta obra "posúe un dominio da arquitectura da narración na que destacan as descricións xeográficas e antropolóxicas, a través do uso dunha linguaxe precisa e fluÃda", A folla azul "é unha novela de fondo compromiso social. Un berro contra a desigualdade, contra a destrución dos recursos naturais, e un canto a favor da cooperación e do compromiso individual polo ben común. A autora lévanos nunha viaxe dende o respecto polas identidades propias que se vai achegando a unha visión aperturista ante o coñecemento de novas realidades". Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en FiloloxÃa Galega e Hispánica e ten acadado numerosos premios literarios. A súa primeira novela xuvenil, «Proxecto Bolboreta», foi publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. Con Volverás, golfiño (Xerais 2014) xa quedou finalista do Premio MerlÃn en 2013 e dous anos despois, en 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Europa Express (Xerais 2015). En palabras da autora "gañar un premio tan emblemático como o MerlÃn supón para min cumprir un soño de adolescencia e, máis aÃnda, facelo con esta novela".
Manuel Fraga gaña o Jules Verne con santoamaro
O xurado da XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, ao que concorreron 24 obras, acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema «Santo Amaro», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Antonio Manuel Fraga e corresponde ao tÃtulo santoamaro. Antonio Manuel Fraga Allegue (Pontedeume, 1976) estudou EnxeñarÃa Técnica Industrial en Ferrol. Dende o 2006 vive na Coruña, cidade na que traballou na refinarÃa de petróleo. Gaña o Premio MerlÃn de Literatura Infantil 2013 con O Castañeiro de Abril. Dende entón publicou en Xerais Tartarus (2016), na colección Fóra de Xogo, e Escaquis e Romeu (2018) na colección Sopa de Libros.
En palabras do xurado, “coa utilización dunha linguaxe próxima, clara, concisa e con intervencións nas cales figuran referentes actuais coñecidos polo lectorado, «santoamaro» consegue manter a tensión ata as últimas páxinas” contando a situación dun grupo de amigos e amigas que acaban de rematar bacharelato e deciden reunirse todos os sábados do verán pola noite na coruñesa praia de Santo Amaro. As relacións que se establecen entre eles e elas durante eses dous meses e medio, a evolución da súa personalidade, as preocupacións que lles xorden por distintos motivos vitais e a resolución deses conflitos propios da idade adolescente conforman a trama da novela, presentada como unha función teatral cuxo escenario é a propia praia. Os capÃtulos en que se estrutura, organizados como actos dunha obra dramática, ábrense coas mensaxes do grupo de WhatsApp mediante o que se comunican, que transmite certa información de relevancia tendo en conta as variacións que nel se van producindo. O xurado deu en valorar como a voz narradora "insire na novela aspectos relacionados coa textualidade teatral que lle conceden á obra varias capas de lectura e que provocan en quen le unha novidosa reflexión sobre o propio acto de creación literaria". Fraga expresou unha especial alegrÃa ao recibir este premio "porque a escrita deste texto supón transitar camiños que eu aÃnda non explorara, un afastamento voluntario dos espazos onde me sinto cómodo. E segundo, porque é a primeira novela que fun quen de rematar cun novo rol nas costas, pai dunha meniña pequena, o que implicou unha revolución dos meus horarios e tempos de escrita".