O vindeiro venres o xurado da XXXVII edición do Premio Xerais de Novela dará a coñecer a obra gañadora de entre as tres finalistas que ven de revelar. As obras presentadas baixo os lemas: "As cerdeiras", "Batemos na porta do mundo" e "Por min e por tódalas compañeiras", foron as seleccionadas de entre as 54 que este ano se presentaron a este premio dotado con 10.000 euros. O mesmo día coñeceranse tamén os premiados da XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e da XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, ambos coa mesma dotación económica que o premio Xerais. A resolución dos tres premios literarios adiouse varios meses este ano respecto ao seu calendario habitual en xuño, por mor da situación sanitaria. Polo mesmo motivo ampliaron no seu momento o prazo de presentación de textos, que rematou o 6 de xullo.
Este ano 24 obras concorreron ao premio Jules Verne. O xurado formado por Pablo G. Freire (redactor na revista online de literatura xuvenil El Templo de las Mil Puertas), Selina Otero (xornalista en Faro de Vigo), Cristina Álvarez Pérez (profesora de Educación Secundaria e coordinadora do Comando Le de Espazo Lectura) María Xesús Nogueira (profesora na USC e crítica literaria), Brais Nogueira (xornalista) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: "Doppel", "Santo Amaro" e "Xules". Na trixésima quinta edición do Premio Merlín de Literatura Infantil presentáronse este ano 43 obras, das que o xurado seleccionou coma finalistas aquelas baixo os lemas "Fedora", "Husu" e "O moucho está no Penedo". As decisións dos xurados comunicaránse á prensa directamente e non haberá acto ante público, como era habitual.